Tag Archives: autodeterminación

A Eurocámara avala o ensino en galego

FOTO-NENAS-QUEREMOS-GALEGO

A Comisión de Cultura do Parlamento Europeo aprobou por unanimidade un informe que insta á protección das linguas en perigo de desaparición e se pide aos Estados membros que promovan a súa aprendizaxe na escola desde idade temprana, mencionando especificamente o ensino en preescolar.

O Informe sobre as linguas europeas ameazadas de desaparición e a diversidade lingüística na Unión Europea estivo coordinado polo eurodeputado do Grupo Verdes/ALE no que se integra o BNG, Francois Alfonsí, e será votado no Plenario de setembro.

O texto afirma que todas as linguas europeas son iguais en valor e…

Si da Eurocámara á dación en pago, pese ao voto en contra do PP

STOP-DESAFIUZAMENTOS1

O BNG votou a favor do informe aprobado hoxe polo Parlamento Europeo que propón a dación en pago e que solicita aos Estados membros alternativas aos desafiuzamentos. Esta iniciativa contou 318 votos a favor, e con 216 votos en contra, incluídos o de todos os eurodeputad@s do PP español.

A iniciativa solicita á Comisión Europea que, como Executivo comunitario, adopte as medidas necesarias para que a normativa europea sobre hipotecas “incorpore as prácticas que sexan máis favorables aos consumidores, incluíndo especificamente a inclusión de procesos de renegociación de débeda ou a dación en pago para as…