ANA
Benvida/o a este espazo web
Se visitas este blogue é porque, dun xeito ou outro, estás interesado en saber que papel pode xogar Galiza no marco da Unión Europea, que representa o Parlamento Europeo para o noso PaÃs e como, o que aquà se decide, incide directamente nas vidas das galegas e dos galegos. Espero que este espazo sexa un medio máis para descubrir o que sucede nas institucións comunitarias, un lugar de diálogo e de intercambio de propostas, suxerencias, preguntas e de participación cidadá.
Como sabedes, o Parlamento Europeo está formado por grupos nos que os eurodeputadas e eurodeputados nos integramos por afinidade polÃtica. O BNG forma parte do Grupo Verdes-ALE, con 58 membros, o cuarto máis numeroso da Eurocámara, no que cataláns, escoceses, flamengos, galesas e nós, como galegas e galegos defendemos as nosas Nacións sen estado. Asà que non estamos sós neste hemiciclo europeo, para acadar consensos e para sacar adiante as propostas que interesan ao noso PaÃs e outro modelo de Europa.
O BNG volta a este Parlamento nun momento crucial para os intereses galegos, xa que a nosa presenza coincide con tres grandes reformas comunitarias, vitais para Galiza: a reforma dos fondos de cohesión, a reforma da PolÃtica Agraria Común e a reforma da PolÃtica de Pesca Común. Defenderemos o que sexa mellor para os intereses dos sectores produtivos galegos, para a cohesión social e territorial, e loitaremos por avanzar nun modelo de Europa social, dos pobos e multilingüe. Tendes o noso compromiso de que non son frases feitas, senón un compromiso do BNG a través desta xanela europea.
Continuarei o traballo, rigoroso, eficaz e entusiasta iniciado polo compañeiro Camilo Nogueira, co convencemento de que Galiza debe ter voz e voto propios no corazón das institucións europeas que diga, alto e claro, o que lle corresponde ao noso PaÃs.
Â
Quen son?
Son unha muller galega, nacionalista, de Vigo, nada en Cuntis en 1971.  Crieime nas Travesas en Vigo, formándome nos centros públicos Emilia Pardo Bazán (Chouzo) e Santa Irene, que tanto marcaron a miña formación futura. Logo estudei Dereito en Santiago e Alemania (Passau) e rematei en Lovaina para vir especializarme  en  Dereito europeo, mentras coidaba un meniño como au pair. O periplo de Bruxelas levoume a facer prácticas no Consello de Ministros nás áreas de polÃtica social e cohesión, a ter a bolsa Leonardo nunha consultora europea e logo a  traballar nas institucións comunitarias, onde tiven o privilexio de traballar co compañeiro Camilo Nogueira na súa etapa de eurodeputado do BNG entre o 1999 e 2004.
Nestes últimos anos exercÃn a representación do BNG en Bruxelas  mediante os acordos en coalición con outras formacións polÃticas, primeiro con Galeuscat (2004-2009), e despois con Europa dos Pobos – Verdes (baixo a cal concurrimos ás eleccións de 2009 con ERC, Aralar, Eusko Alkartasuna, CHA e os Verdes).  Tamén exerzo a función polÃtica de Vicepresidenta da Alianza Libre Europea (ALE), o partido polÃtico europeo no que está integrado o BNG. Desde xaneiro deste 2012, o Bloque volve a ser oficialmente membro da Eurocámara, o que nos da un plus de capacidade polÃtica para actuar na defensa de Galiza tamén en Bruxelas.
Son unha persoa perserverante e optimista que gosta de falar coa xente. Vivo entre Bruxelas e Galiza coa miña filla de 8 anos que me enche a vida coa súa inquietude e espontaneidade.Â
Sobra decir que, nesta nova etapa, redobrarei os esforzos para que as problemáticas e inquedanzas das galegas e dos galegos sexan escoitadas e tidas en conta na Unión Europea. Grazas adiantadas en nome do BNG polo apoio e o interese de todas e de todos vós, neste escano do pobo galego.
 Unha fonda aperta,
Ana Miranda Paz
Deputada do BNG no Parlamento Europeo



