Misión de Observación do Parlamento Europeo sobre as eleccións de Timor Leste
A eurodeputada nacionalista forma parte da delegación que se despraza co obxectivo de contribuir a que os comicios se desenvolvan con todas as garantÃas
Bruxelas, 4 xullo de 2012.- A eurodeputada nacionalista, Ana Miranda, forma parte da misión de observación do Parlamento Europeo do proceso electoral de Timor Leste que se celebra o vindeiro 7 de xullo, cuxo obxectivo é contribuÃr a garantir que os comicios se desenvolven con todas as garantÃas.
O envÃo desta misión de observación responde a un convite realizado polo goberno da República Democrática de Timor Leste e, en coordinación con delegacións e expertos en seguimento de procesos electorais, analizará o traballo da administración electoral, manterá diversos encontros con representantes do Goberno, da sociedade civil, con observadores internacionais e do propio paÃs, e con representantes dos partidos polÃticos.
Timor Leste celebra as eleccións lexislativas o 7 de xullo de 2012, despois de que entre os meses de marzo e abril tivese habido eleccións presidenciais que converteron en presidente a José MarÃa de Vasconcelos. Ademais, este ano de comicios coincide co décimo aniversario da independencia de Timor Leste de Indonesia, tras 24 anos de ocupación.
Os episodios de violencia entre 2006-2008 fixeron precisa unha intervención internacional que aÃnda continúa, -unha forza de estabilizacion integrada por efectivos australianos e neozelandeses-, e amosan a necesidade de contribuÃr a consolidar o proceso democrático neste paÃs, ex colonia primeiro de Portugal e despois de Indonesia, da que se independizou fai unha década.
A ONU mantén en Timor Leste unha forza composta por máis de 1.000 policÃas e militares, que está previsto inicien a súa progresiva retirada tras estes comicios lexislativos.
Horta, premio nobel da paz
Entre os encontros que manterá a delegación da Eurocámara da que forma parte Miranda figura a reunión co presidente de Timor Leste e con José Ramos Horta, ex presidente do paÃs, lÃder da resistencia timorense contra a ocupación de Indonesia e premio Nobel da Paz en 1996.
A misión do Parlamento Europeo está integrada por un total de 7 deputadas e deputados dos grupos polÃticos do Parlamento, e finaliza tras os comicios do próximo dÃa 7 de xullo, unha vez feito o reconto dos votos e unha valoración sobre o proceso electoral. A deputada nacionalista acude en representación do Grupo Verdes/ALE, do que o BNG forma parte dentro da Eurocámara.



