A Eurocámara aproba a proposta do BNG de subvencionar aos produtores de mexillón para evitar caÃdas no prezo
O Parlamento Europeo aprobou o informe da OCM dos Produtos da Pesca e da Acuicultura no que se inclúe un recoñecemento explÃcito da acuicultura extensiva
A OCM propón aproveitar as denominacións de orixe protexidas para realizar promoción comercial dos produtos que certifican
Bruxelas,20 xuño de 2012 .- A Comisión de Pesca do Parlamento Europeo deu luz verde ao Regulamento da OCM do Sector dos Produtos da Pesca e da Acuicultura, o denominado Informe Stevenson, para o perÃodo 2014-2020, no que se recolle a proposta presentada polo BNG, vÃa emenda, de incluÃr o mexillón galego (mytilus spp.) como produto que pode ser subvencionable para evitar caÃdas no seu prezo.
“Con esta inclusión as organizacións de produtores poderán recibir financiamento para almacenar mexillón en caso de producirse importantes descensos nos prezos de venda, e evitar asà un deterioro das rendas”, explica a eurodeputada nacionalista, Ana Miranda. “É unha medida para poder dar estabilidade ao mercado deste produto e ás rendas dos produtores”.
O novo regulamento desta OCM tamén asume, -como solicitaba o BNG-, a inclusión especÃfica da acuicultura extensiva, para diferenciala da acuicultura intensiva ou industrial, con caracterÃstica “moi diferentes tanto en termos medioambientais como de xeración de emprego”, salientou Miranda.
Neste sentido, o informe Stevenson incorpora outra emenda da formación nacionalista pola que se propón promover os produtos de acuicultura sostible a través das denominacións de orixe protexidas “aproveitando a súa capacidade de certificación garantindo a calidade e sustentabilidade do produto, como é o caso do mexillón galego, o que supón unha vantaxe competitiva para o noso sector que non debemos desaproveitar e asà se recolle no regulamento da OCM”, argumenta a eurodeputada nacionalista.
Claridade para o consumidor
Igualmente, o regulamento da organización común de mercado para o sector da pesca e a acuicultura recolle a proposta do BNG para reforzar a transparencia ante o consumidor da procedencia dos produtos do mar, en particular aqueles que son de fácil confusión, de tal xeito que este coñeza en todo momento donde foi capturado o mexillón que consume, tanto en fresco como en conserva.Â
“O regulamento da OCM inclúe a compatibilidade da normativa sobre a protección das indicacións xeográficas e das denominacións de orixe dos produtos alimenticios”, salienta Miranda.



